Paso a paso
- 1
Abrimos as latas de tomates pelados e retiramos o exceso de líquido (a auga dos tomates). Este líquido pódese gardar nun bote para futuras receitas ou ben poñelo nun cazo a lume lento durante 30 min. Para ter una pasta de tomate concentrada para una base de pizza caseira.
- 2
Introducimos nunha cazola o aceite de oliva e botamos os allos e o chile. Dourámolos e logo botamos os tomates que partiremos en cachos cunha culler de madeira. Deixámolos facendo a lume medio-baixo ate que se reduzan á metade, sobre 45’
- 3
Engadimos una cullerada de azucre para redicir o acedume dos tomates e salgamos.
- 4
Noutra cazola poñeremos o aceite de oliva, botarémoslle a outra metade dos allos e un chile. Cando estean dourados engadimos as luras, gambas e ameixas (as luras e as gambas cortadas en cachos pequeños e as ameixas sen a cuncha).
Cando estean feitas engadímoslle o vaso de viño branco e deixamos ferver. Cando o viño se evapore mesturaremos isto cos tomates que temos na outra pota - 5
Logo disto poñémonos a facer os espaguetes. Botamos a auga na cazola onde quedou a salsa do marisco e remexemos para que se mesture coa auga. Poñemos a ferver a auga e logo engadimos os espaquetes e o sal.
- 6
Cando estean cocidos os espaguetes, botámola na cazola dos tomates co marisco e mesturamos todo ben para que se mesturen os sabores e podemos adornar un pouco o prato con un pouco de perexil picado para darlle cor.
Recetas similares
Más recetas













Comentarios