Árbore natalicia de espinacas e pistachos

Queredes sorprender este Nadal? Esta é a receita perfecta!
Árbore natalicia de espinacas e pistachos
Queredes sorprender este Nadal? Esta é a receita perfecta!
Paso a paso
- 1
Para comezarmos, temos que rustrir o dente de allo e a cebola ben picadiños en dúas culleradas de aceite.
- 2
Agregamos tamén o tomate deshidratado, cortado en tiras.
- 3
Cando estean ben rustridos, engadimos as espinacas e mesturamos ben. Cociñamos 5-6 minutos.
- 4
Mentres tanto, untamos unha lámina de follado co queixo crema con finas herbas. Botádelle unha boa capa porque así terá máis sabor.
- 5
Sobre o follado, tamén colocamos o rustrido das espinacas, sobre todo, polo centro da masa.
- 6
Cubrimos coa outra masa e apretamos ben os bordos.
- 7
Agora temos que darlle forma á nosa árbore. Cortamos en forma de triángulo deixando na parte de abaixo a forma do tronco. De seguir, cortamos os laterais (os que serían as pólas) en tiras, tal e como vedes na foto.
- 8
Enrolamos as tiras sobre si mesmas e pintamos co ovo batido.
- 9
Enfornamos a 210º, calor arriba e baixo, durante, aproximadamente, 15 minutos e xa estaría listo para comer!!
Palabra clave
Recetas similares
Más recetas












Comentarios