Torta multicolor

Larpeiros, larpeiras, estades preparad@s? Hoxe traemos unha receita espectacular que fica para na historia das dozuras desta casa e que agardamos pase tamén á historia de Bolboretas no bandullo pois cremos que vos vai namorar.
Ben, antes de nada cómpre recoñecer que o principal aspecto co que nos cautiva esta torta é o estético pois o brillo e degradación de cores vivos dan ganas de ficar ollando horas para a torta. Maíz claro, unha sobremesa así non pode fallar no fundamental polo que dedicamos empeño para que fose unha delicia inigualábel. E si, podemos ficar satisfeit@s para que se logrou o obxectivo con creces. Entre oito papamos a torta dunha vez. E porque disimulamos senón cremos que a poderiamos degustar nós nos, hahahaha.
Na realidade era unha torta especial ao ser para o 28 aniversario de quen a preparou e non se podía escatimar na autohomenaxe.
Deixámosvos que comprobedes o proceso para lograr esta marabilla.

Paso a paso
- 1
Para comezarmos, temos de facer o biscoito. Para iso, batimos a manteiga co azucre. De seguir, engadimos os ovos, un a un. Cando estean integrados, mesturamos a fariña co cacao e o lévedo e incorporámolos pouco a pouco. Botamos a mestura nun molde, previamente engraxado con manteiga e fariña. Forneamos, a 170º, calor abaixo e ventilador, durante 1 hora, aproximadamente. Deixamos arrefríar un pouco.
- 2
Mentres tanto, facemos o zume co que imos emborrachar ao biscoito. Para iso, fervemos o azucre coa auga durante 2-3 minutos. Retiramos do lume e, pasados 5 minutos, engadimos unha cullerada do aroma de framboesa. Nós utilizamos aroma en pasta e por iso lle da ese ton rosa; se utilizades aroma transparente, saberá igual maíz non terá esa cor.
- 3
Cando o biscoito estea morno, sacámolo do molde e cortámolo en tres partes. Nós quitamos a parte superior para que nos quedase recto. Coa axuda dun pincel, emborrachamos ben o biscoito e deixámolo repousar.
- 4
Agora aproveitamos para facer o recheo da nosa torta. Co batedor eléctrico mesturamos o azucre glas coa manteiga durante, aproximadamente, 5 minutos, temos que conseguir unha crema. Despois, agregamos o aroma de framboesa. Coa cor, pasa igual que co líquido de emborrachalo. Neste caso, podedes utilizar un pouco de colorante para que o corte da torta sexa máis chamativo.
- 5
Colocamos no molde a primeira capa de biscoito e cubrimos con metade da crema. Tapamos e facemos o mesmo coa seguinte capa. Cubrimos coa última parte do biscoito e refrixeramos.
- 6
Agora temos que preparar a crema para a decoración. De novo, batimos a manteiga co azucre até obter unha crema. De seguir, separamos en tres cuncas (ou en tantas coma cores utilicedes). Engadimos o colorante, nós utilizamos rosa e azul e, para o último, mesturamos rosa e azul para conseguir lila.
- 7
Chegou a hora de decorar a nosa torta! Nós para a parte superior escollemos o rosa. Estendémolo ben. Despois, azul e morado para os laterais. Botamos unha capa xenerosa, aquí é normal que se mesturen un pouco, polos laterais. E, coa axuda dunha espátula, estendémolos. Aquí temos que ir pouco a pouco e ir retirando a crema sobrante da espátula para que nos queden unhas cores máis limpas e non se mesturen tanto.
- 8
Engadimos unhas bolas de cores ou purpurina alimenticia por arriba e refrixeramos durante, polo menos, 4-5 horas, mellor unha noite enteira. Pasado ese tempo, para está preparada para comer! Asegurámosvos que ese ton que lle da a framboesa vos vai sorprender moito, recordaravos a algunha golosina e levaravos de excursión á infancia ;)
Palabra clave
Recetas similares
Más recetas

Comentarios (2)