Paso a paso
- 1
Pelar o cabaciño e cortar lonchas co pelapatacas. Meter no lekué (ou recipiente tapado con plástico de cociña) engadir unhas areas de sal e un chorriño de AOVE e meter no micro a 900 1 minuto, remexer e meter outro minuto (os tempos variarán dependendo do forno e do recipiente)
- 2
Pochar o porro cunha ou dúas culleradas de aceite e cando estea transparente engadir os cogumelos e o cabaciño que sobrou, cortado todo en cubiños
- 3
Cando estea case cociñado (10 minutos) engadir as espinacas e cociñar tapado a lume baixo 3/5 minutos e salgar (non salgar antes, que senon solta moito líquido)
- 4
Cortar ao medio os tomatiños e engadilos
- 5
Apretar o tofu, con coidado para quitarlle a maior parte do líquido, e desmenuzar
- 6
Engadir á mezcla e deixar cociñar a lume medio, destapado, ata que evapore o líquido
- 7
Colocar tres ou catro lonchas de cabaciño formando unha base e botar enriba a mistura de vexetais
- 8
Enrolar facendo un roliño.
NOTA: podemos engadirlle cubiños de xamón serrano previamente salteados para os omnívoros - 9
E colocar nunha fonte para forno na que anteriormente puxemos unhas culleradas de salsa de tomate
- 10
Cubrir os roliños con queixo raiado (vegano ou non) e meter ao forno, prequentado, dez minutos e gratinar
- 11
Servir acompañados de arroz integral
- 12
Se sobra recheo, non preocuparse xa que é perfecto para conxelar ou empregar coma recheo de empanadillas, empanada, quiche, con pasta, etc
Recetas similares
Más recetas














Comentarios