Patacas guisadas con heura e cabaciño

Una receita moi agradecida e sinxela
Patacas guisadas con heura e cabaciño
Una receita moi agradecida e sinxela
Paso a paso
- 1
Pelar e cortar en láminas os allos. Pelar e raiar a cenoria e poñela nunha tixola a lume medio cos dentes de allo e media cullerada de aceite, salar. Deixar cociñar uns minutos e engadir o heura e media cullerada máis de aceite
- 2
Pelar e cortar moi fino o cabaciño e engadilo na tixola e engadir sal, se é preciso
- 3
Pelar e cortar as patacas chascando (para que engrosen a salsa) e saltéalas nunha pota cunha cullerada de aceite un minuto sen parar de remexer, engadir as verduras e a heura e cubrir con auga. Engadir unhas hebras de azafrán
- 4
Cociñar tapado a lume medio/baixo uns vinte minutos (depende das patacas). Se ten demasiada auga destapar e subir un chisco o lume e cociñar ata que esté coa consistencia desexada
Recetas similares
Más recetas








Comentarios