Espaguetes á mariñeira

Xulio
Xulio @billarda

Este é un dos meus pratos favoritos

Espaguetes á mariñeira

Este é un dos meus pratos favoritos

Editar receta
Ver informe
Compartir
Compartir

Ingredientes

2 horas
6 persoas
  1. Aceite de oliva virxe extra
  2. unha cabezaallos
  3. 3chiles pequenos
  4. 1 vasoviño godello ou albariño
  5. 600 gr.espaguetes
  6. 2botes de tomates enteiros pelados ao natural
  7. 1 kg.ameixas conxeladas
  8. 500 gr.gambas conxeladas peladas
  9. 500 gr.luras conxeladas
  10. Sal
  11. Azucre
  12. Unhas follas de perexil

Paso a paso

2 horas
  1. 1

    Abrimos as latas de tomates pelados e retiramos o exceso de líquido (a auga dos tomates). Este líquido pódese gardar nun bote para futuras receitas ou ben poñelo nun cazo a lume lento durante 30 min. Para ter una pasta de tomate concentrada para una base de pizza caseira.

  2. 2

    Introducimos nunha cazola o aceite de oliva e botamos os allos e o chile. Dourámolos e logo botamos os tomates que partiremos en cachos cunha culler de madeira. Deixámolos facendo a lume medio-baixo ate que se reduzan á metade, sobre 45’

  3. 3

    Engadimos una cullerada de azucre para redicir o acedume dos tomates e salgamos.

  4. 4

    Noutra cazola poñeremos o aceite de oliva, botarémoslle a outra metade dos allos e un chile. Cando estean dourados engadimos as luras, gambas e ameixas (as luras e as gambas cortadas en cachos pequeños e as ameixas sen a cuncha).
    Cando estean feitas engadímoslle o vaso de viño branco e deixamos ferver. Cando o viño se evapore mesturaremos isto cos tomates que temos na outra pota

  5. 5

    Logo disto poñémonos a facer os espaguetes. Botamos a auga na cazola onde quedou a salsa do marisco e remexemos para que se mesture coa auga. Poñemos a ferver a auga e logo engadimos os espaquetes e o sal.

  6. 6

    Cando estean cocidos os espaguetes, botámola na cazola dos tomates co marisco e mesturamos todo ben para que se mesturen os sabores e podemos adornar un pouco o prato con un pouco de perexil picado para darlle cor.

Editar receta
Ver informe
Compartir

Cooksnaps

¿Cómo te salió? Recomienda esta receta mandando tu Cooksnap

Caricatura gris dibujada a mano de una cámara y una sartén con estrellas saliendo de la sartén
Cocinar hoy
Xulio
Xulio @billarda

Comentarios

Recetas similares